Os días do Carme e San Martiño, festivos locais en Bueu en 2020
Por Redacción
O 16 de xullo, festividade do Carme, e o 11 de novembro, San Martiño, serán os festivos locais de Bueu o próximo ano 2020.
O pleno da corporación municipal de Bueu aprobou este luns os festivos locais. A proposta aprobouse cos votos do BNG, PSOE e PP, e a abstención de ACB.
Na sesión tamén se aprobou a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2018, neste caso, cos votos a favor dos grupos do BNG e ACB e as abstencións de PSOE e PP.
Ademais, deuse conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal e das resolucións aprobadas desde a última sesión, ademais de comunicar a constitución da Comisión Informativa Permanente de Asuntos Xerais e da Comisión Informativa Permanente de Facenda e Especial de Contas.