Cidadáns e Galicia En Común Podemos repiten cartel para as xerais do 10 N
Por Redacción
Sen cambios nos carteis electorais de Galicia en Común Podemos e Cidadáns pola provincia de Pontevedra de cara ás próximas eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Yolanda Diaz Pérez encabezará a candidatura da alianza morada e Beatriz Pino será a cabeza de lista no partido laranxa.
Os partidos presentaron este luns, último día de prazo, as súas listas, con novidades no resto dos seus integrantes, pero volven apostar polas dúas candidatas que xa se presentaron o pasado 28 de abril e que, en ambos os dous casos, saíron elixidas deputadas.
A lista de Galicia en Común reforza a presenza de perfís do municipalismo e do espazo do cambio. No caso da provincia de Pontevedra, a lista ao Congreso lidéraa a ferrolá Yolanda Díaz e no número dos irá a ex deputada pontevedresa Ánxela Rodríguez, Pam. Seguiranas na candidatura, por esta orde, Jaime Cabeza Pereiro, Verónica Hermida Longa, Alberto García Álvarez, María Luisa Lores Aguin e Juan José Rodriguez Castro.
A lista para Senado estará encabezada, ao igual que hai seis meses, pola pontevedresa Vanessa Angustia Gómez. Os números dous e tres da lista serán Óscar González Álvarez e Elsa Liliana Vázquez Lorenzetti.
No caso de Cidadáns, que o pasado 28 de abril, logrou un deputado por Pontevedra, volve apostar pola xornalista viguesa Beatriz Pino Ocampo. Os seguintes na candidatura ao Congreso serán, por esta orde, Javier Alonso, Luis Gil, Rocío Benito, Diana María Otero, Modesto Comesaña e Vanessa Rodríguez Bua.
En canto ás listas para o Senado, a cabeza de cartel será Elena Posada e irá tamén na candidatura, de número dous, o actual concelleiro de Pontevedra Gregorio Revenga. O tres será o tamén pontevedrés Luis Miguel Pérez Lamas.
Relacionadas:
-
Eleccións 10-N. O BNG aspira a entrar no Congreso: "A ver se desta vai!"
Por Oskar Viéitez |
-
Histórica vitoria do PSOE sobre o PP, entran Podemos e Cidadáns e BNG e En Marea quedan fóra
Por Alejandro Espiño |
-
Os políticos locais coinciden en sinalar a "importancia" de votar este domingo
Por Alejandro Espiño |
-
Día de reflexión entre os políticos antes da "crucial" xornada electoral do domingo
Por Alejandro Espiño |
-
Yolanda Diaz: "En Pontevedra só o 6’5% dos contratos son indefinidos. Iso é o que fixo o PP"
Por Redacción |
-
3, 2, 1... a carreira cara ao 28A empeza concorrida e reivindicativa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A xornalista Beatriz Pino, candidata de Cidadáns por Pontevedra ás xerais
Por Redacción |