O historiador Xosé Fortes e a presidenta Carmela Silva lembran a Galicia da posguerra
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu este luns ao historiador Xosé Fortes nunha reunión na que participou a deputada de Cultura, Vitoria Alonso, con motivo da presentación do seu libro "A rienda suelta", na que o autor recolle as memorias da súa mocidade e nas súas follas ofrece "unha mirada positiva sobre a Galicia rural, e tamén lembranzas dá Galicia urbana pero desde esta perspectiva rural. Lémbranos unha forma de ser desde o optimismo, do que estamos necesitadas e necesitados", declarou a mandataria.
A socialista quixo resaltar que o tópico "da Galicia do choro e do laio non é a Galicia real", algo que referendou tamén o propio Fortes quen, na dedicatoria do exemplar que lle regulou a Silva, escribiu que "durante os anos de posguerra, a única ilusión que tiñamos as persoas era que tiñamos a nosa vida por diante, como sempre tivemos en Galicia".
Xosé Fortes, nacido en Caroi (Cerdedo Cotobade) en e 1934, foi prisioneiro do réxime franquista por ser un dos fundadores da Unión Militar Democrática. Lienciado en Folosofía e Letras e especializado en Historia, ao abandonar o cárcere aprobou unha oposición para exercer como docente. Foi tenente de alcalde da primeira corporación pontevedresa da democracia e promoveu o uso do galego. "Fortes representa o compromiso co cambio profundo que tivo España grazas a xente valente coma el que apostou pola democracia, e iso fai que me sinta moi orgullosa", díxolle Carmela Silva, quen lle entregou unha serigrafía do artista cubano Nelson Villalobos na que está representado o pazo provincial.