Información a condutores: a rúa Echegaray pechará durante o día a partir do luns
Por Redacción
A rúa Echegaray estará pechada ao tráfico rodado de luns a venres de 9.30 a 13.00 horas pola mañá e de 15.30 a 19.00 horas pola tarde para permitir que se poidan realizar as obras de reforma que están en marcha.
A evolución das obras de mellora da rúa obrigará a adoptar estas medidas a partir deste luns 7 de outubro e durante un período que non pode concretarse, pois dependerá de como vaian avanzado os traballos.
A Policía Local de Pontevedra deu a coñecer que estes cortes só se aplicarán durante a semana e en horario diurno, de maneira que durante a fin de semana e durante as noites a rúa poderá utilizarse como é habitual.
Ademais, poderán seguir accedendo a rúa durante esa franxa horario de peche tanto os residentes na zona como os condutores que fagan uso do vial para servizos, pois cabe lembrar que nesa zona se ubica o ambulatorio Virxe Peregrina e hai varios negocios.
Segundo informou a Policía Local, sinalizaranse previamente os desvíos e o tráfico habitual de saída cidade cara á ponte da Barca será desviado pola ponte das Correntes.
Relacionadas:
-
A reforma de Echegaray apura os últimos días
Por Redacción |
-
As obras de reforma da rúa Echegaray prolongaranse ata febreiro
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A reforma de Echegaray permite, segundo o alcalde, corrixir unha rúa "mal dimensionada"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
As obras de reforma da rúa Echegaray comezarán o próximo luns
Por Alejandro Espiño |