Cuntis aspira a ser un referente na mellora da calidade de vida e o coidado aos maiores
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Loureiro acudiron este xoves e venres en Salamanca ao "Encuentro sobre Discapacidad Intelectual y Cuidados en la Vejez" en representación do seu concello.
Na capital do Tormes distintos expertos analizaron os "retos" aos que nos enfrontamos na actualidade con especial atención á situación das localidades máis pequenas. O obxectivo é propiciar unha mellor calidade de vida para as personas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento.
Destacou a intervención de Matilde Fernández Sanz presidenta de Honor da Asociación contra la Soledad e exministra de Asuntos Sociais coa súa ponencia sobre "Soledad no deseada".
Esta realidade afecta a moitos maiores entre os que se inclúen aqueles que teñen unha discapacidade, para iso, a exministra propuxo afrontar esta nova situación a través de cidades máis saudables e máis inclusivas.
O secretario xeral de Sanidade e Consumo, Faustino Blanco tamén apuntou o gran esforzo que están a levar a cabo ás administracións locais e a necesidade de seguir avanzando e asumir os cambios como o aumento de poboación maior de 65 anos.
O alcalde Manuel Campos sinalou que Cuntis é un dos concellos que aposta por adaptarse a esta nova realidade como así o demostran os programas desenrolados dende a concellaría de servizos sociais.
Neste senso, cabe destacar o programa Habilitas Fogar, proxecto que consiste en integrar no día a día a persoas con discapacidade ou a recente apertura do centro de día que ven a cubrir un vacio que existía na localidade.
Tanto o alcalde como a concelleira comprometéronse a seguir traballando arreo para que o concello de Cuntis sexa un referente na contorna e poder dar resposta a esta necesidade.
Relacionadas:
-
O programa social 'Habilitas fogar' do Concello de Cuntis recibe unha axuda da Deputación
Por Redacción |
-
O BNG propón activar en Moraña un programa para axudar a maiores que viven sós
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello denuncia falta de persoal no centro de saúde de Cuntis
Por Redacción |
-
Unha liña de alta tensión cruzará os montes de Troáns
Por Redacción |
-
Cuntis encarga un estudo técnico para buscar o mellor lugar para unha escola infantil pública
Por Redacción |
-
O centro de día de Cuntis abrirá as portas no mes de outubro
Por Redacción |
-
Cuntis continuará co programa "Habilitas fogar" dirixido a persoas con discapacidade intelectual
Por Oskar Viéitez |