Entrega de material de hixiene persoal e limpeza para repartir desde as asociacións solidarias de Marín
Por Redacción
Este venres mantiñan un encontro representantes das Organizacións non gobernamentais (Ong) locais coa concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, para recibir a doazón realizada pola ONG Humana de diferentes materiais de hixiene persoal e limpeza.
Agora colectivos como SOS Marín, Sor Elvira, o Comedor Social, Cáritas, Cáritas San Tomé e Amenac trasladarán estes obxectos a persoas con poucos recursos. A doazón está valorada en 2.500 euros e compleméntase con campañas de recollida de alimentos.
Esta doazón forma parte dun convenio entre o Concello de Marín e a ONG Humana na que se inclúe a recollida de roupa de segunda man que se deposita en 14 contedores habilitados ao longo do municipio.
Desde o Concello indícase que a repartición do material leva a cabo de maneira equitativa entre as distintas asociacións, sempre atendendo o número de familias en risco de exclusión ás que atenden.