Vía libre para circular pola autovía do Salnés durante a fin de semana da Festa do Marisco
Por Redacción
As restricións no tráfico que se están a producir nas últimas semanas na autovía do Salnés por mor das obras de reforzo extraordinario de firme que se están a acometer quedan sen efecto durante esta fin de semana, coincidindo coa celebración da multitudinaria Festa do Marisco do Grove.
Desde o mediodía deste venres e ata o vindeiro luns quedan eliminadas esas restricións. Deste xeito, de acordo coa programación das obras, durante toda a fin de semana, sábado 5 e domingo 6, poderase circular polas dúas calzadas.
As obras de renovación do pavimento na autovía do Salnés obrigan a desviar o tráfico, para o que se habilitaron pasos alternativos evitando cortes na circulación dos vehículos, pero na programación das obras xa se tiña en conta a celebración da Festa do Marisco do Grove, do 3 ao 13 de outubro, para que de ningunha maneira coincidira con ningún dos desvíos totais previstos.
Esta actuación extraordinaria prevista pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no contrato de concesión desta infraestrutura supón un investimento superior aos 5,1 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Unha fin de semana de mariscada en mariscada no Grove
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A Festa do Marisco arranca con más de 4.000 racións consumidas
Por Oskar Viéitez |
-
Posponen polas chuvias as obras na Autovía do Salnés
Por Redacción |
-
As obras na Autovía do Salnés obrigan a desviar o tráfico a partir do mércores
Por Redacción |
-
Retómanse as obras de renovación do pavimento na autovía do Salnés
Por Redacción |