VIDEO: Felipe González e Mariano Rajoy reivindican na Toxa o "saber pactar"
Por Oskar Viéitez
Á marxe doutras citas interesantes o encontro deste venres entre os expresidentes Felipe González e Mariano Rajoy erixiuse como o máis atractivo do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, inaugurada polo Rei Felipe VI na Illa da Toxa.
No marco dunha charla cordial entre ambos os exmandatarios, Mariano Rajoy, asegurou que el que negociaría a formación dunha "gran coalición" do Partido Popular e o PSOE en España se se enfrentase a un resultado como o que arroxaron as urnas o pasado 28 de abril e o seu interlocutor fose o socialista Felipe González.
"En una situación como la actual, con lo que está pasando, los dos como mínimo somos Churchill", engadiu en ton xocoso González.
Os expresidentes abordaron a situación de bloqueo político que vive España e chamaron aos dirixentes actuais a "saber pactar" para conformar un Goberno que de estabilidade ao país.
Felipe González insistiu en que "se pueden pactar los temas fundamentales aunque no se esté en el Gobierno" polo que instou aos líderes políticos a que "tienen que facilitar que se forme gobierno" e neste punto Rajoy dixo que "Zapatero y yo nos pusimos de acuerdo en un cuarto de hora" en referencia a algunhas das medidas que puxo en marcha ao chegar ao Goberno en 2011 relativas á crise económica.