Ence-Pontevedra volve mellorar os seus resultados ambientais no primeiro semestre de 2019
A biofábrica de Ence en Pontevedra volveu mellorar os seus resultados ambientais nos seis primeiros meses de 2019, avanzando así de forma continua na excelencia do seu comportamento ambiental e no folgado cumprimento da normativa vixente.
O principal indicador do seu efluente, a denominada Demanda Química de Osíxeno (DQO), mellorou nun 87% a normativa europea BREF de mellores prácticas ambientais do sector da celulosa. Así mesmo, este indicador situouse un 64% por debaixo do límite máximo que establece a súa Autorización Ambiental Integrada (AAI).
No relativo aos sólidos en suspensión –outro dos datos cos que se controla a calidade do efluente–, logrouse un resultado un 50% inferior ao límite máximo que marca a AAI e un 76% por debaixo do que especifica a citada normativa BREF.
Doutra banda, o caudal do efluente de Ence Pontevedra tamén rexistrou unha cifra dun 28% mellor do que establece o seu AAI e un 8% mellor que a obtida por esta biofábrica no mesmo período do ano anterior. O consumo de auga da planta tamén se reduciu un 12% fronte ao primeiro semestre de 2018.
A calidade ambiental desta planta vese avalada pola existencia de sete praias co distintivo de bandeira azul da UE na área da Ría de Pontevedra próximas á biofábrica. Así mesmo, nesta mesma zona atópanse importantes bancos de marisqueo.
A actividade desta industria supón unha contribución á economía circular: a partir da madeira –materia prima reciclable– fabrícase a pasta de papel, coa que se elaboran produtos capaces de substituír ao plástico e a outros materiais que non son reciclables. Ademais, a biofábrica xera enerxía renovable utilizando para iso biomasa, de tal modo que practicamente se autoabastece enerxeticamente.
A planta, que xera ao redor de 5.100 postos de traballo, foi distinguida con importantes recoñecementos internacionais, como a Distinción Ouro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental e a ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos.
Relacionadas:
-
A industria da celulosa ofrece alternativas para loitar contra o cambio climático
Por Noticia patrocinada |
-
Ence contribúe á calidade de vida dos pontevedreses coa súa acción social
Por Noticia patrocinada |
-
O modelo de mellora continua de Ence asegura un comportamento ambiental óptimo da súa biofábrica de Pontevedra
Por Noticia patrocinada |