Os socialistas critican que o Concello non resolva a contaminación na praia de Nanín
Por Oskar Viéitez
A portavoz do Partido Socialista de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, critica que unhas verteduras de orixe descoñecido están a contaminar a praia de Nanín imposibilitando que este areal poida optar á obtención da bandeira azul, xa que os niveis de coliformes presentes na auga "exceden con creces os límites permitidos, converténdoa en no apta para o baño".
Fervenza arremeteu contra o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín dicindo que "o feito de que o concello esté loitando para conseguir tres novas bandeiras azuis, demostra que o actual goberno leva a adiante accións de escaparate e non accións de interese real polo municipio".
"A praia de Nanín ten un serio problema de contaminación, pero Telmo prefire mirar cara outro lado e adicarse a poñerse pins na solapa", apostilla a líder socialista.
Os socialistas consideran que "para Telmo hai praias de primeira e praias de segunda; do mesmo xeito que tamén hai cidadáns de primeira, coma os do centro, e de segunda, coma os das parroquias rurais", lamenta Fervenza.
A portavoz socialista insta ao concello a centrar os seus esforzos en solucionar o problema dos altos índices de microorganismos fecais presentes na auga da praia de Nanín, xa que "é unha cuestión de saúde pública que pode converterse nun problema de moita maior envergadura".