O Pazo da Cultura acolle o sábado a quinta Xornada de Ostomías
Por Redacción
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o próximo 5 de outubro a quinta edición da Xornada Provincial de Ostonomía organizada pola Asociación Sociosanitaria de Enfermidades Inflamatorias, Intestinais e Ostomizados (ASSEII) coa colaboración do Concello e a Deputación, que este ano versará sobre farmacoloxía, nutrición, atención psicolóxica, autoestima e sexualidade e erotismo das persoas ostomizadas.
O evento, que foi presentado este mércores pola concelleira de Benestar Social, Pomba Castro; e a portavoz de ASSEII, Cintia Loira; ten como obxectivo potenciar a formación e información na vida destes pacientes e explicar como funcionan os tratamentos biolóxicos para rendibilizar ao máximo os seus resultados.
A edila explicou que a asistencia á xornada é libre e gratuíta ata completar aforo. As encargadas de impartir as conferencias son Ana Belén Veiga, sobre farmacoloxía; Mónica Couso, sobre sexualidade; Cristina Días Buceta, sobre nutrición; e Rosa Cerqueiro, sobre necesidades psicolóxicas.
"Dar visibilidade a estas patoloxías ante a sociedade de forma de que deixen de ser invisibles", é, segundo Cintia Loira, a finalidade destas xornadas. Ademais informarán os pacientes sobre os últimos avances en diversos ámbitos para facilitar o seu día a día.
Relacionadas:
-
Apoio municipal para visibilizar a situación dos pacientes ostomizados
Por Oskar Viéitez |
-
850 quilómetros en bicicleta para visibilizar as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Redacción |
-
Aposta por facer visibles as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Redacción |
-
As enfermidades inflamatorias intestinais reúnen no Pazo da Cultura a profesionais, pacientes e autoridades sanitarias
Por Redacción |