A presidenta da Deputación mantén un encontro coa alta comisionada para a Axenda 2030
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo este mércores unha reunión coa alta comisionada para a Axenda 2030, Cristina Gallach, para afondar no grao de implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos programas postos en marcha pola institución provincial.
Neste eido, Silva presentou os 158 programas postos en marcha para dar cumprimento aos 17 ODS impulsados pola ONU e abordou os retos de futuro para continuar nesta senda.
Carmela Silva deu a coñecer a Gallach que a Deputación de Pontevedra, xunto a Badaxoz e Barcelona, son as tres primeiras deputacións provinciais de España en realizar estudos para afondar no grao de implantación destes obxectivos nos programas impulsados polos seus gobernos.
Cristina Gallach valorou moi positivamente os esforzos realizados pola Deputación e comprometeuse a vir ata Pontevedra a coñecer os programas que está a desenvolver.
DESTINOS TURÍSTICOS INTELIXENTES
Ademais, pola mañá a presidenta provincial participou xunto á Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, e o presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez, na comisión executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes da que forma parte como vogal.
Na xuntanza da comisión aprobouse, entre outras cuestións, a adhesión de Vilagarcía de Arousa á rede estatal, sendo o segundo concello da provincia en formar parte dela.
Deste xeito Vilagarcía, xunto a Sanxenxo, son os dous concellos de Pontevedra que forman parte da rede.
Relacionadas:
-
Carmela Silva e Ione Belarra sentan as bases para avanzar no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
Reducir a emisión de CO2 en máis dun 40%, obxectivo do Plan de Acción de Sanxenxo cara o 2030
Por Redacción |
-
A Deputación implanta un modelo propio de boas prácticas medioambientais
Por Redacción |