Preséntase o libro 'Golpistas e verdugos de 1936' este venres no Arquivo Provincial
Por Redacción
Este venres 4, ás 20.00 horas, na sede do Arquivo Provincial vai presentarse o libro 'Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo'.
Ao acto asistirá a deputada de Memoria Histórica, María Ortega, e os coordinadores desta publicación, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez.
Tamén durante a presentación vai desenvolverse un coloquio presentado polo historiador Pepe Álvarez coa participación do xornalista de TVE Xabier Fortes, do parlamentario galego Pedro Puy e do editor da Editorial Galaxia, Francisco Castro.
A publicación ofrece unha nova ollada sobre o golpe de Estado do 36 onde se ofrecen as dimensións sociais dos verdugos e dos colaboradores. No libro coñécense os golpistas que perseguiron as autoridades e como foron fusiladas persoas que tiñan cargos tanto civís, policiais, militares e administrativas, sen que puideran imaxinar que serían executadas.