Convocan vinte novos permisos para marisqueo a pé na confraría de Pontevedra
Por Redacción
A Consellería do Mar convocou vinte novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Pontevedra.
Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos exixidos no decreto 425/1993 polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida.
O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da consellería.
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.
Todas as prazas se convocan, recordan desde o goberno galego, despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta tanto a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos como criterios socieconómicos.