Retiran un centenar de quilos de lixo do Gafos nunha nova xornada de limpeza
Por Redacción
A pesar das continuas campañas de limpeza, Vaipolorío segue retirando lixo do leito do río Gafos. Nesta ocasión, máis dun centenar de quilos de desperdicios que se acumulaban na súa contorna.
Esta acción ambiental, na que colaborou a Asociación Xoán XXIII, enmarcábase dentro do programa Móllate polo Río, que incluíu limpezas simultáneas en toda Galicia.
Os voluntarios que participaron nesta limpeza retiraron maioritariamente latas ou botellas de vidro, que foron depositadas nos correspondentes contedores de reciclaxe.
Esta foi a segunda actividade organizada por Vaipolorío no Gafos esta fin de semana, tras o paseo reivindicativo organizado polo tramo cuberto por Campolongo co que volveron a pedir que se destape o río nesta zona.
Relacionadas:
-
Vaipolorío alerta dunha nova vertedura na parroquia de Tomeza
Por Redacción |
-
Vaipolorío retira árbores caídas do sendeiro rural do Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío pide voluntarios para limpar de árbores caídas o río Tomeza
Por Oskar Viéitez |
-
Unha 'andaina' popular reivindica o destape do Gafos para "devolverlle a vida" ao río
Por Alejandro Espiño |
-
Vaipolorío denuncia unha nova vertedura no río Gafos procedente das obras da A-57
Por Redacción |