O programa universitario de maiores conta con máis de 100 personas matriculadas
Por Redacción
'Nunca é tarde para formarse', ese é o lema do Programa Universitario para Maiores (PUM), iniciativa formativa para maiores de 55 anos que para este ano contará con máis de 100 alumnos no campus de Pontevedra.
Deses alumnos, un total de 83 cursarán o ciclo intensivo que agrupa un programa de materias específicas para este colectivo, mentres que outros 19 participarán no ciclo integrado, no que poderán cursar materias dos diferentes graos.
O acto de benvida foi este venres na sede da Vicerrectoría onde os alumnos e alumnas sénior puideron coñecer a oferta formativa e cultural que se desenvolve na cidade.
Durante o acto, o coordinador do Programa de Maiores no campus, Iván Martínez, manifestou a "boa aceptación" desta iniciativa, que incorpora 27 novos estudantes ao ciclo intensivo, "máis do dobre" que o curso anterior.
Así mesmo, destacou os cambios que está a sufrir o PUM xa que, entre as 32 materias que integran no campus o ciclo integrado, "once son novas e outras 15 foron reformuladas a partir das existentes, mentres que outras seis mantéñense".
No caso do intensivo, os alumnos poden escoller entre 25 materias pertencentes a sete dos graos que se imparten nas diferentes facultades e escolas.
Por último, o presidente da asoación de alumnado sénior do campus Asaexs, Miguel Ángel Yebra, sinalou que con estes programas buscan poñer en valor aos sénior, "xente que ten moito que ofrecer e á que a Universidade lle pode ofrecer moito".
Relacionadas:
-
O alumnado sénior do campus impulsa a súa propia radio a través da plataforma Twitch
Por Redacción |
-
A 'Universidade sénior' adapta as súas aulas no Campus de Pontevedra para manter as clases presenciais
Por Redacción |
-
O alumnado do Programa para Maiores festexou o final dun ciclo formativo
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: A universidade como elixir de xuventude
Por Marisa Ciordia |