O polígono industrial de Racelo medra coa instalación dunha fábrica de cervexa artesanal
Por Redacción
Unha empresa construtora acaba de iniciar os traballos previos ao levantamento dunha nova nave industrial no polígono empresarial de Racelo, no Concello da Lama.
Trátase dun negocio de cervexa artesanal, que ocupará 1.400 metros cadrados de superficie e "permitirá traballar inicialmente a entre 6 e 10 persoas", sinalaron desde o goberno local.
A empresa promotora desta iniciativa conta con raíces no municipio e conta con experiencia no sector.
Con apertura desta fábrica o polígono de Racelo, construído no seu momento por promoción municipal, queda preto de colgar o cartel de completo con respecto ao chan industrial dispoñible.
Segundo explicou o alcalde da Lama, Jorge Canda, só restan catro parcelas dispoñibles por vender e "sobre algunha delas temos xa detectado algún interese por parte dalgunha iniciativa empresarial que esperemos se concreto proximamente".
Relacionadas:
-
Comezan as obras do viveiro de empresas no polígono de Racelo
Por Redacción |
-
A Lama terá un viveiro de empresas
Por Redacción |
-
O parque empresarial de Racelo xa ten beirarrúas en todo o polígono
Por Redacción |
-
Pontebirra desembarca en Pontevedra con noventa tipos de cervexa artesá
Por Manu Otero |