Máis de 500 persoas asistirán á 13 edición da Xuntanza de Laboreras
Por Redacción
A Asociación Bolymar encherá o vindeiro domingo, día de San Miguel, o Pavillón do IES Illa de Tambo para celebrar a 13 edición da Xuntanza de Laboreras.
Trátase dunha das citas imperdibles para os amantes dos palillos e, como nas anteriores edicións, máis de 500 persoas de toda a xeografía galega e do resto do país reuniranse para gozar da "arte feita con palillos".
A apertura de portas será de 10:00 a 14:00 horas, pola mañá, e de 16:30 a 19:00 horas pola tarde. Durante ese tempo, poderase visitar a exposición de todas as novidades confeccionadas pola asociación durante o ano, así como os 15 postos de exhibición que se instalarán xunto ás mesas de traballo.
Durante a presentación do evento, a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez destacou a importancia da xuntanza para dar a coñecer Marín a todos os que veñan de fóra "especialmente nun día tan especial como o día de San Miguel", Festa de Interese Turístico de Galicia.
Pola súa banda, Conchi Beloso, representante da Asociación Bolymar, explicou que se realizará un sorteo cos obxectos cecidos polo comercio local e os supermecados de Marín ademais dunha repartición de agasallos a todas as persoas que participen nesta nova edición da Xuntanza de Laboreras.