O Porto de Marín experimenta "unha evolución positiva" en tráfico de pesca conxelada
Por Redacción
A menos dunha semana para a celebración de Conxemar, o Porto de Marín "continúa experimentando unha evolución positiva" en tráfico de pesca conxelada.
Tal e como explica a Autoridade Portuaria de Marín, a tendencia alcista dos últimos exercicios rexistra que as cifras de movemento deste ano alcanzan xa as 125.000 toneladas de conxelado, cifras que aumentarán ao longo desta semana debido á intensa xornada que se vai a vivir no Porto coa descarga os buques Izar Argia, con atún a granel para a planta de Marfrío así como Peixemar Dúas e Playa de Tambo.
Trátase dun total de 34.000 toneladas de granel nos peiraos Leirós e as case 10.000 toneladas de mercadoría contenerizada nas atracadas de Reboredo aos que se sumará a chegada de dous barcos conxeladores nos próximos días.
A gran cita internacional do conxelado, Conxemar, celebrarase a partir do 1 de outubro no IFEVI, evento que concentrará ás grandes empresas frigoríficas do porto, un dos principais motores económicos para toda a comarca, xerando gran cantidade de empregos na zona.
O Porto de Marín conta no seu conxunto cunha capacidade de almacenamento frigorífico duns 262.000 metros cúbicos concentrados nun único recinto. Desde as plantas de frío do Porto de Marín expórtanse produtos elaborados aos principais mercados de Europa e algúns deles recibiron varios recoñecementos e galardóns por parte dos consumidores.
Relacionadas:
-
O persoal da empresa Marfrío de Marín mobilízase e demanda melloras laborais e salariais
Por Redacción |
-
O Porto de Marín véndese en Madrid como o mellor polo para o transporte de froita
Por Redacción |
-
O Porto de Marín renovará a cuberta da lonxa e os pavimentos en diferentes zonas
Por Redacción |
-
Reclaman a retirada dos contedores da Autoridade Portuaria de Marín polo seu negativo impacto visual
Por Redacción |