
© Deputación de Pontevedra
A oficina do ORAL integra todos os seus servizos nunha nova páxina web

Por Redacción

© Deputación de Pontevedra
A oficina do ORAL estrea nova imaxe virtual. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este martes nas oficinas da Avenida de Marín a nova páxina web do órgano recadador do ente provincial que integra, de forma máis intuitiva e accesible, todos os servizos que presta este departamento á cidadanía.
"Dámoslle unha maior visibilidade ao ORAL centralizando toda a información nun único punto”, explicou a mandataria os obxectivos desta nova ferramenta.
Os usuarios atoparán información sobre períodos de cobranza, novas delegacións ou campañas informativas deste servizo. A estrutura do novo sitio web componse de seccións como Quen somos, con información sobre a misión deste departamento; Sedes e horarios, Coñece os teus tributos, con información detallada sobre cada imposto; Preguntas frecuentes, cun centenar de cuestións recorrentes que os usuarios trasladaban aos técnicos; Información ás persoas contribuíntes, para achegar á cidadanía as súas necesidades e obrigacións sobre este asunto.
Unha das principais novidades da páxina é a sección O meu concello. Un apartado no que atopar toda a información relativa a cada municipio coas delegacións que ten no Oral, os tipos impositivos e tarifas de cada imposto, así como as ordenanzas fiscais.
Cada páxina incluirá unha ligazón de contacto que dirixirá aos usuarios a un formulario para que envíen as súas preguntas. Esta mensaxe será respondido nun prazo máximo de 24 horas, aclarou a presidenta. "Este servizo de recadación é imprescindible para poder poñer en marcha ou resto de iniciativas dás institucións públicas”, lembrou Silva.
A presidenta aproveitou o acto de presentación desta nova ferramenta para facer balance dos primeiros meses de funcionamento da posta en marcha da oficina virtual tributaria. "Xa suma preto de 300.000 operacións en 6 meses. E a empregaron 45.000 persoas contribuíntes”, expuxo a socialista, que contrapuxo estes datos cos do 2018, no que só 6.000 persoas empregaron a vía telemática para efectuar os seus pagos.
Relacionadas:
-
A Deputación quere que a Xunta asuma a metade dos gastos da Escola de Cantería de Poio
Por Natalia Puga |
-
Un cento de alumnos fará prácticas en países europeos cun programa da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación lanza 28 cursos de formación para desempregados
Por Redacción |
-
O novo goberno da Deputación agarda que o PP ofreza "máis lealdade institucional" neste mandato
Por Redacción |