A escola municipal de música de Marín pecha a matrícula con 104 alumnos e prazas dispoñibles
Por Redacción
A escola municipal de música Vidal Pazos de Marín acaba de pechar o prazo de matriculación para o curso 2019-2020 cun total de 104 alumnos matriculados que comezarán as clases o próximo 1 de outubro e prazas aínda dispoñibles nalgunhas especialidades.
Aínda que o período de matriculación oficial xa está pechado, desde a escola informan de que ao longo do mes de outubro poderán achegarse ata as instalacións da escola, no segundo edifico da Granxa de Briz, aqueles alumnos que por calquera motivo non puideron anotarse antes.
Os horarios xa foron asignados no momento no que os rapaces oficializaron a matrícula, en función das materias que cursarán. En horario de 16.30 a 21.30 horas informaráselles daqueles grupos xa establecidos nos que aínda quedan prazas dispoñibles.
Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, as materias que se cursarán serán linguaxe musical, audicións comentadas, coro, informática musical, música e movemento (a partir de catro anos), violín, viola, música moderna e conxunto instrumental.