A carballeira de San Xusto recibirá a máis de 400 maiores na III Xuntanza da Terceira Idade
Por Redacción
As persoas interesadas e que cumpran os requisitos aínda poden apuntarse para participar na III Xuntanza da Terceira Idade que se celebrará o vindeiro sábado 28 de setembro na Carballeira de San Xusto, no municipio de Cerdedo-Cotobade.
O Concello espera que, un ano máis, supérese unha asistencia de catrocentas persoas. A cita está destinada a unha veciñanza empadroada no municipio con máis de 65 anos, a pensionistas con máis de 55 anos ou a persoas con discapacidade. Poderán ir acompañados polas súas parellas, aínda que non cumpran cos requisitos. Tamén poderán asistir os fillos que padezan algunha discapacidade sempre que asistan acompañdos dun adulto.
O prazo para inscribirse pecharase o vindeiro xoves 26 e o pago para poder asistir é de 13 euros. As persoas interesadas deben achegarse ao departamento de Servizos Sociais nalgunha das dúas sedes administrativas desta área, situadas en Carballedo e Cerdedo, de 10.00 a 13.00 horas.
A festa comezará o sábado ás 13.30 horas cun acto relixioso para, a continuación, celebrarse unha comida campestre de confraternidade, premios para as persoas máis veteranas, agasallos e varias actividades culturais e musicais.