Sanxenxo solicitará ser declarado como territorio preferente de actuación turística
Por Redacción
O goberno local do Concello de Sanxenxo leva na orde do día da comisión de asuntos xerais que se celebrará este martes a solicitude de declaración do municipio como "territorio de preferente actuación turística".
A idea é poder dotar a Sanxenxo dun plan de para poñer en marcha algunhas accións, como a catalogación dos recursos de interese turístico existentes ou acometer aquelas propostas de reforma do plan urbanístico que sexan precisas para a dotación dos equipamentos turísticos.
Tamén se pretende que esta declaración sirva para poder adoptar as medidas necesarias para garantir a adecuada protección dos recursos culturais e patrimoniais existentes, ou impulsar programas específicos de protección ambiental.
PLAN DE MOVILIDAD URBANA SUSTENTABLE
Ademais, propoñerase a aprobación do plan de mobilidade urbana sustentable (PMUS) un instrumento básicos para a ordenación e a planificación da mobilidade das persoas e mercadorías a nivel urbano.
O seu obxectivo é posibilitar e favorecer formas de desprazamento máis sustentables dentro do núcleo de poboación, como camiñar, a bicicleta ou o transporte público.
E tamén levará a esta comisión o cambio de nome da rúa Progreso, en Portonovo, para dedicarlla a Arturo Fontán Bouzas.