A caída dunha árbore en Poio corta un camiño e dana a iluminación
Por Redacción
A Policía Local de Poio acudiu este domingo ao Camiño da Renda pola caída dunha árbore de grandes dimensións.
Como consecuencia quedou cortado o vial e a iluminación pública sufriu danos.
Os servizos municipais reestablecieron a subministración eléctrica e procederon á retirada da árbore.
A Policía Local despregou esta fin de semana un operativo especial con motivo das Festas da Saleta na parroquia de Raxó. A intervención concluíu sen incidencias destacables.