Preto de 150 persoas reivindican a Vía Verde entre Pontevedra e Vigo
Por Redacción
Un total de 34 ciclistas saíron da Praza España de Pontevedra e 28 saíron da Porta do sol de Vigo para confluír cos peóns en Soutomaior ás 11:30 horas e facer a marcha a pé entre Arcade de Figueirido.
Aproximadamente 150 participaron nos diversos actos de reivindicación da Vía Verde.
Segundo valorou a asociación Pedalada están "moi satisfeitos, porque a pesar da choiva conseguimos levar o grupo máximo que tiñamos autorizado de 50 ciclistas".
"Caeunos un bo chaparron e un pouco de saraiba, a pesar disto os nosos socios máis pequenos de 11, 12 e 13 anos fixeron os 32 km de ruta que corresponden á marcha pola Vía Verde", sinalaron.
Pedaladas expresou a súa disposición a organizar cada ano unha marcha como a deste domingo ata convencer ás administracións de que se cedan ás vías do tren en desuso para poder unir Vilagarcía, Portas, Pontevedra, Soutomaior, Redondela e Vigo nunha gran vía verde.