París de Noia inaugurará as Festas da Saleta en Raxó
Por Redacción
"Vai ser unha fin de semana para o recordo", anunciou Javier Ferreiro, presidente da Comisión de Festas. O venres 20 pola noite, a orquestra Xacobeo e París de Noia inaugurarán esta fin de semana cargada de actividades e de música da man de orquestras, charangas, pasacalles e grupos de gaitas que se encargarán de amenizar os tres días que dure a festa.
O día seguinte da inauguración, o sábado 21, celebrarase ás 17:30 unha misa solemne e seguidamente a procesión marítima. Esa mesma noite será a verbena na que actuará a orquestra Marbella e o grupo La Edad de Oro del Pop Español coincidindo coa tirada de fogos artificiais que será ás 00:00 horas.
A Competición de Traiñeiras realizarase o domingo 22 xunto coa poxa de galos e a procesión da Virxe da Saleta á que acompañará a Banda de Música de Meaño. Ese mesmo día celebrarase a Festa Infantil protagonizada polo animador Javi Solla.
Finalmente, o luns 23 será o Día do Neno nas atraccións que se instalarán na festa e para a que Ferreiro anima a todos os veciños de Galicia a que acudan a esta festa que "xa o ano pasado foi un éxito e esperamos que este sexa aínda mellor", concluíu.