Mar, gastronomía e música convivirán de xoves a domingo en Marín
Por Redacción
Gastronomía e mar son dous conceptos indisolublemente unidos a Marín. Desde este xoves 4 de xullo, recibirán unha merecida homenaxe en Mar Marín 2013, a primeira edición dunha festa gastronómica que se estenderá ata o domingo día 7 nunha carpa instalada na alameda Rosalía de Castro.
Representantes dos establecementos marinenses panadería Igrexas, cátering Carballiño, bodegas Pazo do Mar e Calvitour presentaron a festa esta martes acompañados pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, e ofreceron aos asistentes unha degustación dos produtos que se servirán na carpa.
Dende as 19.00 horas o xoves e dende as 12.00 horas o resto da fin de semana, poderán degustarse na alameda diferentes tipos de mariscos en distintas variedades, todo iso bañado por viño albariño Rías Baixas, a prezos populares e con acompañamento musical.
Os asistentes poderán gozar de produtos que vai desde empanadas de choco, bacalao, bonito, pulpo e zamburiñas a pulpo á feira e á plancha, langostinos, cigalas, zamburiñas á plancha, mexillóns, berberechos, buey, nécoras, vieiras, arroz mariñeiro servido en cazola de barro, navallas, gambas ou chipiróns.
Ademais, o domingo, a partir das 12.00 horas, será o día do Arroz Mariñeiro, unha actividade que substituirá á paella xigante que prevía elaborarse, pero que tivo que suspenderse por unha lesión do cociñeiro, Xosé Lois Torrado O Bruxo.
Menú de Mar Marín 2013:
Pulpo á Feira............................. 9,00 euros
Pulpo á Plancha.........................10,00 euros
Zamburiñas...............................10,00 euros
Langostinos............................... 9,00 euros
Gambas.................................... 9,00 euros
Navallas.................................... 10,00 euros
Mexillóns ao Vapor.................... 4,00 euros
Mexillóns á Vinagreta............ 5,00 euros
Chipiróns................................ 8,00 euros
Empanada, Atún ou Bacallau......... 4,00 euros
Empanada, Choco......................4,50 euros
Empanada, Zamburiña ou Pulpo.... 4,50 euros
Buey de Mar.............................. 10,00 euros
Nécora..................................... 6,00 euros
Berberechos á Plancha........... 9,00 euros
Arroz Mariñeiro...........................6,50 euros
Parrillada de marisco (4 Zamburiñas, 4 Langostinos
4 Chipiróns, 12 Gambas, 4 Navallas)..25 euros
Vieiras á Galega.................... 4,00 euros
Cigala Cocida............................S/M
Cigala á Plancha....................S/M