Aproban a expropiación de 25 leiras para construír unha senda peonil na PO-531
Por Redacción
A Xunta de Galicia licitará a finais deste ano as obras de construción dun itinerario peonil de quilómetro e medio na estrada PO-531 que conectará os núcleos de Sabarís, O Bispo e A Devesa, na parroquia pontevedresa de Alba. Este xoves, como paso previo, o Consello da Xunta aprobou as expropiacións para a execución da senda.
Esta senda na estrada PO-531 reforzará a seguridade viaria na contorna e, para a súa execución, aprobouse un decreto de utilidade pública que comprende as expropiacións de 25 fincas.
Este itinerario conta cun investimento autonómico de case 800.000 euros, incluído o orzamento destinado ás expropiacións.
O resultado final será un itinerario peonil seguro e accesible que permitirá comunicar os núcleos de Sabarís, O Bispo e A Devesa. Executarase en formigón e tera un ancho mínimo de dous metros.
Ademais, executarase unha franxa axardinada de separación entre a calzada e a senda naquelas zonas onde haxa espazo suficiente, a rede de drenaxe de augas pluviais, unha pasarela sobre o Rego Castrado e muretes de contención de terras para ampliación da plataforma onde sexa necesario.
Esta obra complementa outra actuación de mellora da seguridade viaria que está en execución e cos traballos xa moi avanzados. Así, xa se está construíndo unha glorieta que reducirá a velocidade na estrada e mellorará a seguridade dos xiros.
O Goberno galego iniciou as melloras desta estrada no ano 2017 coa glorieta de acceso ao polígono de Sequeiros e ten programadas novas actuacións de mellora da seguridade viaria no treito que discorre polo concello de Barro.
Relacionadas:
-
En primavera comezarán as obras para crear a senda peonil e ciclista na PO-531 no lugar da Devesa
Por Redacción |
-
A Xunta abre o proceso de expropiación para construír unha senda peonil na Devesa
Por Redacción |
-
Barro reclama a mellora da seguridade viaria da PO-531 ao seu paso por Outeda
Por Redacción |
-
Así quedará a senda peonil entre Alba e San Caetano para a súa estrea no Xacobeo 2021
Por Redacción |
-
Comeza na Devesa os traballos de construcción dunha rotonda na PO-531
Por Redacción |
-
A Xunta adxudica a Marconsa as obras da segunda fase na estrada PO-531, na Devesa
Por Redacción |
-
18 empresas aspiran á reforma da PO-531, no lugar da Devesa
Por Redacción |
-
O DOG publica a urxente ocupación dos bens afectados pola rotonda da PO-531, na Devesa
Por Redacción |
-
A Xunta dá luz verde ás expropiacións para a reforma da PO-531 na Devesa
Por Redacción |