A Garda Civil confisca unha plantación de marihuana no Grove
Por Redacción
A Garda Civil procedeu á investigación penal dun veciño do Grove como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, ao que se lle interviñeron 7 plantas de marihuana.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, trátase dun veciño do Grove, de 54 anos de idade, con antecedentes policiais, que resultou ser o propietario do terreo onde se localizou a plantación.
Por mor das investigacións realizadas polos efectivos do Posto da Garda Civil do Grove, tívose coñecemento dunha plantación de cannabis sativa nunha leira contigua a unha vivenda situada na barriada de Meloxo.
Ao inspeccionar a leira, nun terreo próximo á vivenda, localizouse unha pequena plantación de marihuana con 7 plantas en avanzado estado de desenvolvemento, con 5,700 quilos de cogollos.
As dilixencias instruídas, xunto coas plantas intervidas, foron entregadas no Xulgado de Instrución de 1ª Instancia e Instrución Nº 4 de Cambados, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido pola autoridade xudicial.