Catro anos de prisión por abusar da filla de dez anos dunha amiga
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Un pontevedrés aceptou este xoves cumprir catro anos de prisión e outros cinco anos de liberdade vixiada como autor dun delito continuado de abusos sexuais por abusar da filla de dez anos dunha amiga.
Os feitos ocorreron na cidade de Pontevedra no ano 2015, pero non chegaron a xuízo na Audiencia Provincial ata este xoves. En todo caso, non chegou a celebrarse a vista oral, senón que todo resolveuse cun acordo de conformidade entre as partes que evitou a celebración do xuízo e supuxo unha redución da condena.
A Fiscalía de Pontevedra pedía inicialmente unha pena de doce anos de prisión, pero reduciuna a catro ao aplicar dúas circunstancias atenuantes: dilacións indebidas -a instrución prolongouse entre 2015 e 2019- e reparación do dano. Esta última aplicouse porque o home comprometeuse a pagar a responsabilidade civil á que será condenado: 30.000 euros.
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenará coa súa conformidade ao acusado a eses catro anos de prisión e impoñeralle tamén a prohibición de aproximarse a menos de 300 metros da vítima, do seu domicilio ou lugar de estudo ou de traballo ou de calquera outro no que se atope, así como a de comunicarse con ela durante 15 anos.
Todo o proceso este xoves realizouse a porta pechada e sen divulgarse os datos identificativos do acusado e da vítima en aplicación do Estatuto da Vítima do delito, en atención á natureza sexual da imputación e para non afectar á intimidade e indemnidade sexual da vítima, co obxectivo de impedir que de forma directa ou indirecta poida facilitarse a identidade da menor e se produza unha segunda victimización.
O acusado recoñeceu os feitos dos que o acusaba a Fiscalía, que ocorreron a partir de que no ano 2014 trabase amizade coa nai da menor. Aos poucos foi gañándose a confianza da nai e das súas dúas fillas menores, ata o punto de que nalgunha tempada na que el non tiña lugar onde durmir, permitíronlle que pasae a noite no domicilio familiar, situado na cidade de Pontevedra.
No mes de setembro, o acusado alugou un piso en Pontevedra e vía con relativa frecuencia á nai e as fillas. Polo menos a partir dos primeiros días de abril de 2015, tiña tanta confianza coa menor das fillas, que tiña 10 anos, que a nena comezou a quedar a durmir na vivenda do acusado, primeiro de forma esporádica e logo de forma máis continuada. Chegou a ter a súa roupa gardada nos armarios do piso.
Como na casa só había unha cama, durmían os dous xuntos e, aproveitando o sentimento de afecto que a nena tiña cara a el, o acusado, movido pola intención de satisfacer os seus desexos sexuais, comezou a efectuarlle tocamentos, incluíndo polo menos unha penetración parcial. En varias ocasións, o procesado poñía películas de contido pornográfico nunha tablet e víaas en compañía da menor. Varias veces mostroulle como debía facer para masturbarle ou realizarlle felaciones.
Estes feitos repetíronse ata os primeiros días do mes de xuño e provocaron na nena unha alteración no seu grao de madurez sexual cun espertar sexual non adecuado para a súa idade, segundo sostén a Fiscalía.