Rafa Domínguez pedirá no pleno que o Concello se tome en serio a recollida de lixo na cidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Por que pagamos máis cando temos menos? Con esta pregunta conclúe un vídeo do Partido Popular no que se observan distintos puntos da cidade como cale Don Gonzalo no centro histórico, A Seca, as Marismas de Alba, a contorna do pavillón dos deportes, Arcebispo Malvar ou parroquias como Lérez con lixo acumulado.
Rafa Domínguez, portavoz municipal do Partido Popular, explicaba este mércores que Pontevedra paga 131'58 euros de media anual polo recibo de recollida de lixo, converténdose na cidade galega que máis paga por este servizo e a cuarta en España. Por este motivo, anunciaba que o PP presentará no pleno deste mes unha moción pedíndolle ao goberno local que "se tome en serio" o problema do lixo en Pontevedra.
Na moción reclamarase, entre outras cuestións, o incremento de recollida no rural, aumentando un día máis o servizo, a reposición e limpeza de contedores, a mellora da recollida no centro histórico, a petición de que en Benito Corbal se evite a retirada de lixo ás 18.00 horas ou a revisión do plan de desratización.
Para Rafa Domínguez, o goberno local centrouse en materia de compostaxe descoidando a recollida de lixo. Desde a agrupación popular seguen apostando pola recolleita porta a porta e, por este motivo, varios concelleiros do PP viaxarán a Oviedo para manter un encontro co alcalde do municipio asturiano para coñecer como se aplica este sistema porta a porta.
Domínguez tamén recoñeceu que hai actos de "incivismo" nos que "o alcalde non é responsable" pero si sinalo que o sistema de limpeza e recollida en Pontevedra é mellorable e, nese sentido, responsabiliza ao goberno local.
Relacionadas:
-
O PP solicita un estudo para resituar os contedores de lixo ao entender que "atentan contra o comercio"
Por Redacción |
-
Mosquera afirma no pleno que intentará que a recollida de lixo sexa excelente pero pide implicación
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez, en Oviedo: "Hai alternativas para ter unha cidade máis limpa"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez pedirá no pleno que o Concello se tome en serio a recollida de lixo na cidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O PP esixe unha mellora "inmediata" da recollida de lixo na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Prometen unha "reflexión profunda" ante as denuncias pola falta de limpeza do centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
As protestas pola falta de limpeza dos contedores expándense pola zona vella
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O PP de Pontevedra pide a mellora do servizo de residuos e unha campaña de desratización
Por Manu Otero |