A rúa Eduardo Pondal sométese a unha limpeza xeral
Por Redacción
Continúan as limpezas xerais nos barrios do concello.
Esta vez é a quenda da rúa Eduardo Pondal, abarcando desde Alcalde Hevia ata Uxío Novoneira.
A limpeza realizarase na madrugada do xoves con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na estrada, polo que desde o Concello solicitan a colaboración dos veciños e condutores para garantir un bo resultado.
Como vén sendo habitual, a zona de estacionamento permanecerá valada desde o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
As labores de limpeza están xestionadas por Raimundo González, concelleiro de limpeza viaria.