Os concellos do interior reclaman a mellora do servizo de emerxencias
Por Oskar Viéitez
Os portavoces dos grupos municipais dos concellos de A Lama, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Moraña e Ponte Caldelas reclaman a mellora do servizo de emerxencias.
Nunha rolda de prensa ofrecida este martes, o voceiro do Bloque en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, informou do contido dunha moción que vai ser presentada para o seu debate no Pleno de cada un destes concellos.
Nelas pídese que as respectivas corporacións municipais insten á Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia á mellora da seguridade de maneira urxente nas vías da súa titularidade no seu trazado co obxeto de garantizar a seguranza viaria máis óptima para peóns e conductores. Igualmente reclaman que a Deputación de Pontevedra faga o mesmo nas vías da súa titularidade.
Os nacionalistas tamén reclaman que os seus concellos insten ao Consorcio provincial de Bombeiros de Pontevedra á creación de parques e dotación de medios que permitan reducir o tempo de resposta ante emerxencias nos municipios do interior.
E finalmente demandan que estes concellos insten á Xunta, como máxima responsable das Emerxencias de Galicia, á dotación de medios que permitan reducir o tempo de resposta ante este tipo de incidencias.
Ernesto Filgueira expuxo que os seus concellos están a "perder calidade asistencial nos seus servizos básicos ano tras ano", unha circunstancia que contribúe a esa "Galicia baleirada". Para que estes veciños dispoñan dun "hábitat de calidade" e "non sexa necesario emigrar" a outras vilas por ter mellores servizos públicos.
A isto engade que "estamos a ver como as catástrofes naturais e de orixe humano no noso municipio está a medrar", e no tocante a accidentes hai "un preocupante aumento da sinistralidade na estrada".
O consorcio provincial dispón de catro parques de bombeiros para atender toda a provincia de Pontevedra e todos eles están situados de maneira que hai puntos nestes concellos de A Lama, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Moraña e Ponte Caldelas "nos que a atención está por enriba da hora de tempo de resposta".
Recomenda da Unión Europea que este tempo de resposta sexa de 20 minutos, pero nestes municipios "hai pobos que triplican ese tempo de atención" algo que o BNG califica de "agravio comparativo" con outras provincias ou con outras zonas desta provincia "e sen dúbida, xunto coa carencia doutros servizos públicos, un dos motivos de que os nosos veciños marchen a outros pobos".
Relacionadas:
-
Un GES con base na Lama atenderá tamén a Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Fornelos
Por Redacción |
-
Crean a comisión para abordar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción |
-
Unha comisión técnica supervisará o cambio de xestión dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción |
-
Os grupos parlamentarios demandan unha cobertura axeitada ás emerxencias nos municipios do interior
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide un parque de bombeiros no interior da provincia para os concellos de sombra
Por Redacción |
-
O BNG propón a construción dun novo parque de bombeiros que dea solución aos concellos do interior
Por Redacción |
-
O BNG pide que a ubicación do parque de bombeiros atenda a criterios técnicos "e non a ofertas individualistas"
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas ofrece dúas parcelas na Reigosa para crear un parque de bombeiros
Por Redacción |