Multitudinaria procesión para despedir as Festas das Dores
Por Redacción
O Concello de Cuntis viviu o pasado domingo o fin da festividade adicada á Virxe das Dores chega ao seu fin cunha multitudinaria procesión. As actividades comezaron a principios de semana co programa relixioso e finalizaron a fin de semana.
O sábado 14, o grupo Música e baile tradicional de Cuntis percorreu as rúas da vila, e pola noite, a Orquestra Principal e o Grupo Alborada amenizaron a verbena.
Ao día seguinte, a xornada comezou coa tirada de bombas e un pasacalles a cargo de Os Xirimbaos. Despois, a Banda de Música Ponteledesma puxo o toque musical e xa pola tarde, actuou a Asociación Cultural Nós de Sobradelo.
O eixo da fiesa chegou ao caer o día. Despois da misa cantada pola coral Cantares da Burga, ao redor das 21:00 horas unha multitude reuniuse ao redor da imaxe da Virxe das Dores para percorrer as rúas e terminar na igrexa parroquial de Santa María dos Baños de Cuntis. O peche musical correu a cargo da Banda de Música de Ponteledesma e a charanga Os Xirimbaos.