Valoración "moi positiva" da Festa da Ameixa, que esgotou toda a mercadoría
Por Redacción
A Concellaría de Festexos do Concello de Poio fixo este luns unha valoración "moi positiva" da XXXII edición da Festa da Ameixa de Campelo celebrada durante a fin de semana e na que a mañá do domingo tivo o momento de maior actividade.
Segundo a información facilitada, cumpríronse as previsións e esgotouse toda a mercadoría. Acadáronse unhas vendas moi similares ás rexistradas en 2018.
As ameixas á mariñeira foron, un ano máis, o prato estrela da festa. O segundo máis demandado foi o de ameixas con fideos e con arroz.
Segundo os datos que manexa a organización, o 70% dos participantes procedían da provincia de Pontevedra, especialmente de cidades como Vigo e Pontevedra capital. Un 12% procedían da cidade da Coruña e o resto dos visitantes que se achegaron ata a carpa gastronómica procedían doutras comunidades autónomas do estado español
O amplo abano de actividades para tódolos públicos e os concertos nocturnos tiveron unha notable acollida, destacando o acto de homenaxe aos mariscadores xubilados, o concerto de Coti e as actividades para o público máis novo.
Relacionadas:
-
A navalla, protagonista da fin de semana en Lourido
Por Redacción |
-
A Policía Local organiza un dispositivo de seguridade e tráfico pola Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
Volve a Festa da Ameixa de Campelo coa intención de superar os 20.000 euros de recadación
Por Anxo Lourido |
-
Poio prepárase para a 32 edición da Festa da Ameixa
Por Almu Dapena |