Baixada de temperaturas con inestabilidade atmosférica ao longo da semana
Por Redacción
Este luns, as Rías Baixas mantéñense baixo a influencia anticiclónica en superficie. Os ceos atoparanse parcialmente nubrados, con nubes de evolución que deixarán chuvascos localmente treboentos, probables no centro e sur de Galicia. As temperaturas sufrirá un lixeiro descenso situándose entre os 17 e os 30 graos. O vento soprará frouxo de dirección variable, segundo o servizo de Meteogalicia.
O martes 17 persistirá certa inestabilidade atmosférica. Espéranse bancos de néboa matinais no interior e brumas costeiras en todo o litoral atlántico. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso do mesmo xeito que as máximas na zona das Rías Baixas situándose entre os 16 e os 21 graos. Os ventos seguirán soprando frouxos en xeral, de dirección variable.
A inestabilidade atmosférica manterase o mércores 18. Haberá ceos con alternacia de nubes e claros, con chuvascos treboentos, máis probables nas zonas de interior. As temperaturas continuarán entre os 13 e os 23 graos. Os ventos soprarán frouxos en xeral, tamén con dirección variable.
Xa o xoves, o ceo frío seguirá situado en altura. Os ceos manteranse parcialmente nubrados con brumas no litoral. As temperaturas situaranse entre os 17 e os 20 graos.
A posibilidade de chuvascos con tormentas aumentará a medida que chegue a fin de semana, con temperaturas que irán descendendo, pero manténdose en valores propios desta época do ano.