Os estudantes da ESO, FP e Bacharelato inician o curso este luns
Por Redacción
Este luns inicia o curso os estudantes da ESO, FP e Bacharelato. Na cidade de Pontevedra son un total de 3.985 estudantes os comezan as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1.562 no bacharelato, segundo os datos provisionais da Consellería de Educación.
Esta cifra inclúe as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), e non se fai distinción entre os que o fan en centros de titularidade pública como privada concertada ou non concertada.
Cómpre lembrar que neste total non se contempla o número de alumnos na Formación Profesional, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
No caso da FP a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que –contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnos sexa de máis de 52.000 en toda a Comunidade autónoma (na ESO e Bacharelato son 148.144 estudantes)..
As direccións dos centros onde se imparten ciclos formativos agardan o habitual repunte do último prazo, precisamente, por mozos da ESO ou por aqueles que estean pendentes do acceso a unha carreira universitaria e non logren praza.