Forzáns celebra o día grande das Festas da Virxe da Caridade
Por Redacción
A parroquia de Forzáns celebra esta fin de semana a festa en honra á Virxe da Caridade. Durante este domingo, día grande do evento desenvolveuse a misa solemne coa presenza de numerosos fieis.
Como o día saíu caloroso, a cerimonia tivo lugar na torre da festa, tal e como manda a tradición. A Banda Unión de Música de Tenorio participou no acto relixioso e tamén na procesión na que os devotos portaron as imaxes da Virxe da Caridade e do San Roque.
A continuación, os asistentes entre os que se atopaba o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, gozaron da sesión vermú amenizada pola Banda de Tenorio. O rexedor felicitou á comisión organizativa por lograr atraer a un amplo número de veciños.