Este luns aplícanse cortes de tráfico na rúa Anafáns en Campelo debido ás obras na estrada EP 0601
Por Redacción
Este luns 16 de setembro desde primeiras horas da mañá pecharase ao tráfico rodado un tramo do vial de Anafáns en Campelo debido ás obras que se acometen na estrada EP 0601, segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio.
A empresa adxudicataria dos traballos xa trasladou a información á veciñanza da zona para alertar deste corte circulatorio na Rúa Anafáns, nas proximidades ao Centro de Saúde.
Establécense desvíos provisionais, segundo a Policía Local, para acceder a Campelo e tamén para trasladarse en dirección a San Salvador de Poio. Para calquera consulta, a Policía Local atenderá no número de teléfono 689.575.495.