O WhatsApp axuda a localizar unha muller perdida na beira do río Verdugo
Por Redacción
A aplicación para manter conversas por chat en teléfonos móbiles, WhatsApp, servía na tarde noite deste sábado para localizar unha muller que se perdera nas proximidades do río Verdugo, ao seu paso polo municipio de Ponte Caldelas.
A muller logrou enviar as coordenadas ao 112 Galicia empregando esta aplicación a través do teléfono móbil. Desta forma, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibía a posición da persoa.
Inmedatamente, desde este servizo puxéronse en contacto cos axentes da Garda Civil para que, grazas ás coordenadas, puideran localizar a muller no lugar indicado. Ademais do susto pola situación, a muller atopábase en bo estado de saúde, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112.