Os bombeiros de Pontevedra rescatan unha muller que caeu ao patio interior dun edificio na rúa Álvarez Limeses
Por Redacción
Unha muller de 37 anos sufría un accidente na tarde deste sábado nun edificio da rúa Gerardo Álvarez Limeses. O Servizo de Emerxencias do 112 recibía a alerta pola caída e avisaban a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, aos Bombeiros de Pontevedra e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Os bombeiros do Parque de Pontevedra ao chegar ao edificio, unha construción antiga, comprobaron que a muller caera ao asomarse ao balcón e apoiarse sobre unha uralita en mal estado. Desta forma precipitábase desde unha altura de dous metros e medio caendo a un patio de luces.
Para o seu rescate foi necesario que os bombeiros forzaran a porta do primeiro piso, xa que o propietario non se atopaba no domicilio. A Policía Local autorizou a intervención e os servizos sanitarios lograron acceder ata a muller que, segundo os servizos de emerxencias, aparentemente non sufría danos de gravidade.
Foi trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario para que os servizos médicos realizásenlle unha exploración completa.