Limpan máis de 20.000 metros cadrados de leiras entre a antiga Tafisa e A Seca
Por Redacción
Operarios da brigada municipl de Parques e Xardíns, por orde da concellería de Medio Natural, desenvolven traballos para acondicionar varias parcelas que se atopan entre a rúa da Seca e os terreos da urbanización da antiga fábrica de Tafisa.
O concelleiro responsable desta área Iván Puentes indica que estes traballos supoñen a limpeza dunha superficie de máis de 20.000 metros cadrados, o equivalente á extensión de tres campos de fútbol.
Durante estes días realízanse rozas, segas, tallas e cortes do arboledo situado na zona. O concelleiro socialista sinala que as leiras que se están limpando, tras un estudo previo de inventariado, son tanto de titularidade municipal como de propiedade descoñecida. Tamén se acometen traballos naquelas leiras nas que os propietarios desatenden as ordes de limpeza tramitadas desde o Concello e que foron obxecto de expedientes de disciplina ambiental de execución subsidiaria.
Despexáronse por completo os espazos situados nas proximidades ás vías do ferrocarril a través do emprego dunha pa mecánica e de máquinas rozadoras.