Máis seguridade e creación de aparcadoiros, principais demandas da veciñanza de San Salvador de Poio
Por Redacción
O colectivo veciñal de San Salvador de Poio mantiña este venres 13 de setembro a súa reunión anual coa presenza de ao redor dun centenar de veciños, segundo a organización.
Nesta asemblea renovouse á xunta directiva coa substitución de Sergio Pereira, que abandona o cargo de voceiro do colectivo. Ademais aprobouse a conversión desta agrupación en Asociación Veciñal de San Salvador. Desta forma, teñen previsto seguir reclamando melloras na parroquia e recoller as demandas veciñais, ademais de organizar actividades sociais e culturais.
Os asistentes defenderon que se manteña a actual dobre dirección de circulación na ponte da Barca, na Caeira e na Avenida da Barca. Neste sentido, mostraron a súa total oposición a que o goberno de Poio estableza o sentido único na avenida da Barca.
Ademais, reclaman máis seguridade cidadá e máis presenza policial na contorna da Caeira. Os residentes denuncian o incremento de trapicheo, presenza de toxicómanos, ademais de roubos, atracos e diversos altercados. A esta demanda súmase a petición ao goberno local para que incremente as prazas de aparcamento en toda a parroquia. O colectivo leva recollidas máis de mil asinas, segundo explica o seu portavoz Montse Baquero.
Tamén piden a humanización completa da contorna, o uso público do Pazo Besada e solicitan a creación dunha oficina municipal de rexistro no Casal de Ferreirós.
Queren ademais que a Xunta de Galicia restaure a liña descontinua na entrada a Anafáns, ademais de que se solicite máis persoal para o Centro de Saúde, que o goberno local acometa unha limpeza integral da parroquia e a implantación de transporte público.
Relacionadas:
-
Unha muller acaba no hospital tras un violento 'tirón' en plena rúa na Caeira
Por Natalia Puga |
-
A Asociación Veciñal de San Salvador entrega máis de 1.000 firmas esixindo a creación de aparcamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Poio convoca a Mesa Local de Seguridade para abordar a situación da parroquia de San Salvador
Por Redacción |
-
A Plataforma veciñal de San Salvador rexeita a dirección única de tráfico na contorna da Barca
Por Redacción |
-
A Plataforma de San Salvador ameaza con mobilizacións se non se crean máis prazas de aparcamento
Por Oskar Viéitez |