Preocupación en Estribela por un ano de coches raiados, todos co mesmo debuxo
Por Natalia Puga
Un veciño do barrio de Estribela levantouse este venres cunha desagradable sorpresa: alguén fixera unha raia de grandes dimensións no seu vehículo. O enfado non se fixo esperar. Tampouco a preocupación. O motivo? Que o seu é xa, como mínimo o décimo coche da zona que aparece raiado no último ano.
Este veciño acudiu ao longo da mañá para presentar unha denuncia á Comisaría da Policía Nacional de Marín e, nada máis facelo, mantiña toda a preocupación intacta. Segundo explicou a PontevedraViva, hai un ano sufriu a mesma sorte a súa sogra e, nos últimos meses, unha decena de veciños dasúa mesma rúa, Corno, e os arredores.
As dúas rúas máis afectadas son Corno e Cunchidos, ambas as en Estribela, na parroquia pontevedresa de Lourizán. En todos os casos, segundo relata este veciño, a raia é moi similar, de modo que sospeitan que todos son obras da mesma persoa. "Hace siempre el mismo dibujo en zig- zag", explica.
Os veciños contabilizan ata un total de dez casos, aínda que a Policía Nacional non ten constancia dese número tan elevado de incidencias, pois moitos veciños decidiron non presentar denuncia. Neste último caso, a denuncia presentouse na Comisaría de Marín, na que non teñen constancia de denuncias previas.
Relacionadas:
-
Denuncian que un coche aparcado en Estribela aparece raiado en pleno estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
Raian varios vehículos no paseo de Combarro e na rúa Pateira
Por Redacción |
-
Sorprenden un home raiando sete vehículos e alega que se mareou e caeu contra os coches
Por Natalia Puga |
-
Detido un veciño de Marín de 79 anos por causar danos en 25 vehículos
Por Redacción |
-
Deteñen unha muller de 86 anos por raiar coches aparcados en Marín
Por Redacción |