Óptimos resultados no programa de formación para adultos de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis considera que o programa de formación para adultos para obter o graduado escolar en Educación Secundaria de Cuntis logrou un éxito de aprobados.
Segundo os datos que facilita, no curso 2018/19, a metade do alumnado participante lograba o título e da outra metade, a maioría de estudantes superaba varios módulos e queda á espera de obter tamén o certificado académico.
Dúas mestras, pertencentes ao departamento de servizos sociais do Concello, encárganse deste traballo dirixido a persoas maiores de 18 anos ou menores que conten cun contrato laboral en prácticas que non terminaron con éxito a súa formación educativa e depende do financiamento do Concello.
O prazo de matrícula para o curso 2019/20 atópase aberto e as persoas interesadas deberán anotarse no departamento de servizos sociais no edificio do Concello. As clases de formación terá no Centro Formación Ocupacional da Ran en horario de 19.00 a 22.00 horas.