A Policía Local organiza un dispositivo de seguridade e tráfico pola Festa da Ameixa
Por Redacción
A Policía Local de Poio e a Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, como ven sendo costume en todas as festividades municipais de grande envergadura, publicou un dispositivo de seguridade e tráfico nas redes sociais do Concello, onde, de xeito sinxelo e interactivo están marcadas as zonas de aparcamento e os accesos ó recinto onde esta fin de semana se desenrolarán as actividades e concertos da XXXII Festa da Ameixa.
A circulación estará pechada nas inmediacións da Praza da Granxa, excepto para residentes, polo acceso dende a farmacia ata a Rúa Fogueteira, e dende a Rúa Pedro Soto Couselo ata a Praza da Granxa o tráfico pecharase de xeito total.
O tráfico poderá acceder a Campelo tanto dende a Avda. Beiramar xirando pola Rúa Padre Avelino en sentido único de baixada ó peirao, e pola zona de Anafáns, o acceso será pola Rúa Pedro Soto Couselo, desviándose o tráfico na Rúa Fogueteira.
Habilitáronse tres aparcamentos nas inmediacións do recinto, na Rúa Fogueteira, Rúa Pedro Soto Couselo e no Peirao de Campelo, de xeito que a cidadanía poida achegarse ós festexos comodamente.
A restrición de tráfico afecta dende o venres ás 9:00 da mañá ata o domingo as 00:00. Vaise habilitar unha zona de estacionamento para persoas con mobilidade reducida preto da Praza da Granxa. Dende a Xefatura da Policía Loccal lembran que se houbese algunha dúbida ou incidencia, poden chamar á Policía Local ó número 689575495.