A reordenación do tráfico de Pontevedra, no punto de mira de Italia
Por Almu Dapena
O concelleiro da cidade italiana Ruvo di Puglia, Antonio Mazzone, estivo durante a mañá deste martes reunido coa concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, para coñecer os parámetros aplicados para desenvolver o modelo urbano de Pontevedra e aplicalos para así avanzar na súa planificación urbana.
O concelleiro italiano, responsable municipal de promover políticas ambientais, enerxéticas e de desenvolvemento sustentable para o territorio, asegurou que as ideas básicas máis destacables da experiencia pontevedresa son o concepto do "espazo público como un dereito" e a "área 30".
Mazzone explicou que o modelo da boa vila "permite que todo o mundo poida moverse sen problema", pero que esas medidas son moi difíciles de implantar en Italia, xa que as medidas de ordenación do tráfico son "impopulares" a pesar de estar a traballar en aplicalas.
Ruvo de Puglia é unha cidade de aproximadamente 26 mil habitantes, e tal e como comentou o concelleiro, a primeira medida que adaptou en reordenación do tráfico consistiu nun plan de aparcamento específico no interior do centro histórico, xa que a presión nesa zona era elevada.
Por último, asegurou que a pesar de que esa medida foi impopular, na cidade continuaron cunha iniciativa chamada 'piedebus', para facilitar que os máis pequenos vaian camiñando ao colexio e que, actualmente están a probar a facer un roteiro ciclista na periferia da cidade.
Relacionadas:
-
Pontevedra lanza un libro coa receita da transformación da súa mobilidade
Por Manu Otero |
-
Andorra La Vella fala de Pontevedra como a cidade "que inspirou" a súa transformación urbana
Por Redacción |
-
Cangas premia o modelo urbano de Pontevedra: "É un orgullo que sexa na casa", di Lores
Por Redacción |
-
O Observatorio Urbano fará un estudo actualizado do efecto do modelo de cidade na calidade do aire
Por Natalia Puga |
-
Andorra la Vella cambia o seu centro urbano inspirándose no modelo de Pontevedra
Por Redacción |
-
Glasgow e Bruxelas volven a fixarse no modelo urbano de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Arquitectos do Concello de Barcelona visitan Pontevedra para coñecer o seu modelo de mobilidade
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Pontevedra expón o seu modelo de cidade nunhas xornadas sobre cambio climático en Dublín
Por Redacción |
-
O modelo de mobilidade amable de Pontevedra trouxo unha delegación arxentina ata a Deputación e o Concello capitalino
Por Oskar Viéitez |
-
Andorra, Grenoble e Sète, interesadas no modelo de cidade de Pontevedra
Por Redacción |