O Concello presionará a Fenosa para que recoloque o transformador do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez
Unión Fenosa Distribución aínda non presentou o proxecto para que se poida acometer a obra civil de soterramento do transformador que se atopa no recinto do colexio de Barcelos, tal e como se comprometeu. O Concello de Pontevedra xa está a executar a reforma da rúa Rouco e o tempo aprema.
O concelleiro de Educación, Tino Fernández, confirmou que por parte da empresa "aínda non presentaron nada, por tanto estamos á espera de que Fenosa de o paso de presentar e proxecto para que nós podamos actuar".
Desde o goberno local terán que presionar á empresa Unión Fenosa Distribución para que cumpra co seu compromiso. "Teremos que remarcarlle e recalcarlle que esta é unha obra prioritaria", dixo Fernández, e insistirán en que xa se está acometendo a obra na rúa.
"Sabemos que os tempos de Fenosa e deste tipo de empresas son diferentes e teremos que presionalos para que nos presenten o proxecto canto antes", apunta Tino Fernández.
Mentres tanto a comunidade escolar do CEIP Praza de Barcelos de Pontevedra comezará o curso este mércores convivindo co vello transformador que desde os anos 80 está dentro do recinto do colexio.
O Concello de Pontevedra fixo súa a reclamación do claustro escolar e da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) O Galo para que retiren esta instalación do colexio de Barcelos.
Relacionadas:
-
Os populares urxen ao Concello a prometida retirada do transformador de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A retirada do transformador do colexio de Barcelos permitirá dotar ao centro dun itinerario accesible
Por Redacción |
-
Acordo do Concello con Fenosa para trasladar o transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Tres días desta semana haberá cortes de tráfico na rúa do Rouco e en Barcelos para conectar as pluviais
Por Redacción |
-
Acordo entre o Concello e Fenosa para soterrar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
A Xunta deixa nas mans de Fenosa e o Concello trasladar o transformador de Barcelos
Por Redacción |