Un pequeno incendio forestal en Pardavila mobiliza aos servizos de extinción
Por Redacción
Un incendio de pequena consideración foi o único lume declarado na comarca nunha fin de semana na que Galicia volveu a sufrir o impacto dos incendiarios.
Foi na zona de Pardavila (Marín). O incendio declarouse pouco despois das sete e media da tarde e foi controlado uns cincuenta minutos despois.
No operativo participaron un axente forestal, cinco brigadas, dúas motobombas e tres helicópteros, medios que permitiron sufocar o lume antes de que se estendese.