Apuñalan un mozo de 27 anos ás portas dun 'after' de Pontevedra
Por Redacción
Un home foi detido pola Policía Local de Pontevedra tras agredir cunha navalla a un mozo de 27 anos nun suceso que se produciu ás portas dun 'after' de Pontevedra.
O suceso produciuse ás oito da mañá.
Segundo informou a Policía Local, no interior do local, situado na avenida de Buenos Aires, iniciouse unha discusión que desembocou posteriormente, xa fóra do establecemento, no apuñalamento.
A rápida intervención dos axentes permitiu deter ao agresor, un home de 41 anos, que se deu á fuga e que foi localizado na rúa Cruz Vermella. Tiña con el aínda a navalla coa que cometera a agresión.
O ferido, que estaba tendido no chan e sangraba polo abdome, foi atendido no lugar e, a continuación, foi trasladado ao Hospital Montecelo. A Policía Local explica que, á espera da súa evolución, ao parecer a súa vida non corre perigo.
Relacionadas:
-
Ingresa en prisión o home detido por apuñalar a outro ás portas dun 'after'
Por Natalia Puga | Creada e actualizada